top of page
Buscar

21 Marzo Día Mundial do Síndrome de Down

  • Foto del escritor: xoaninha2021
    xoaninha2021
  • 21 mar 2022
  • 1 Min. de lectura


O Día Mundial do Síndrome de Down, celébrase o 21 de Marzo dende o ano 2012 por un dereito establecido nas Nacións Unidas. O principal obxectivo desta celebración, é crear conciencia dentro da sociedade, do valor que teñen estas persoas, a pesar da súa discapacidade intelectual.E así mesmo revindicar as súas aportacións a sociedade, dereitos e independencia para a toma das súas propias decisións e crecemento persoal.


Nos hoxe celebramos este día lucindo calcetíns desparellados,algo que comezou en 2018, cando Chloe Lennon, unha nena británica, quixo que os seus compañeiros/as do colexio, apoiaran a diversidade con un xesto moi sinxelo, pero cargado de simbolísmo: pedíu que, ó día seguinte todos levasen un calcetín de cada cor. Era o 21 de marzo, e nesa escola acababa de nacer un movemento que recorrería o mundo enteiro.O seu obxectivo non eta outro que o de promover a importancia da igualdade entre todos por moi diferentes que sexamos.


Dende entonces ata agora, os calcetíns desparellados formanxa parte do Día Mundial do Síndrome de Down, e serven para concienciar da importancia de dar visibilidade a estas persoas. E que a idea de elexir calcetíns desparellados como símbolo desta iniciativa é relativa a súa similitude cos cromosomas, que no caso das persoas con síndrome de Down son un máis, marcando así a diferencia.


Por este motivo dende Casa Niño Xoaniña, sumámonos con moito entusiasmo a campaña, "Calcetines Desparejados"

 
 
 

Comments


Publicar: Blog2_Post

684337879

Avenida alejandro ferrer Nº 71 Castrelo de Miño

  • Instagram

©2021 por Xoaniña Casa Niño. Iniciativa impulsada por la Xunta de Galicia y cofinanciada por el fondo europeo FEDER

bottom of page