top of page
Buscar

María Montessori (1870 - 1952)

  • Foto del escritor: xoaninha2021
    xoaninha2021
  • 11 mar 2022
  • 2 Min. de lectura

Rematamos a semana das mulleres con unha das nosas mulleres favoritas da historia, María Montessori. Grazas a ela podemos aprender xogando que é a mellor forma que podemos atopar. Imos a contarvos un pouquechiño sobre ela.


María Montessori naceu nun pobo chamado Chiaravalle, en Italia, de donde seus pais se mudaron a Roma para que puidera ir a unha escola mellor. Nese momento, en Italia as ideas sobre a educación eran moi estrictas e nin sequera se planteaban a posibilidade de que unha nena puidera estudar ciencias. Pero María foi pioneira dende o principio.


Estudou matemáticas e ciencias nunha escola para rapaces e posteriormente decidiu facer a carreira de Mediciña. Estudou na Facultade de Mediciña de Roma e terminou graduándose como a primeira muller médica de Italia. Posteriormente fixose coñecida por o seu apoio ós dereitos das mulleres e por o respeto ós pacientes de todas as orixes. Foi a confirmación de que as mulleres podían convertirse en médicas con talento, unha idea revolucionaria nese momento.


Tamén traballou nun psiquiátrico con nenos/as discapacitados/as. Diuse de conta de que os nenos/as non tiñan xoguetes nin actividades e pensou que, a través do xogoe con coidados especiais, mellorarías e aprenderían máis. Comenzou a investigar e levou á práctica esta idea con grandes resultados.Os nenos/as comezaron a aprender.


Logo diu un paso máis: demostrou que todos os nenos/as podían convertirse nos seus propios mestres si se lles ofrecían actividades atractivas e liberdade para explorar. Coas súas ideas revolucionarias e a súa actitude respetuosa, transformou o sistema educativo. Aínda que faleceu no 1952, o seu legado continúa hoxe nas escolas Montessori de todo o mundo.


Nos decidimos levar a cabo unha actividade de vida práctica, xa que eran as "favoritas" de María Montessori. A continuación deixamosvos unhas das súas tantas maravillosas frases e unhas imaxes do ben que o pasamos moendo café.


"Cualquier ayuda innecesaria es un obstáculo para el desarrollo" - María Montessori




 
 
 

Comments


Publicar: Blog2_Post

684337879

Avenida alejandro ferrer Nº 71 Castrelo de Miño

  • Instagram

©2021 por Xoaniña Casa Niño. Iniciativa impulsada por la Xunta de Galicia y cofinanciada por el fondo europeo FEDER

bottom of page