Coelliño Branco
- xoaninha2021
- 11 ene 2022
- 1 Min. de lectura
Coelliño branco é todo un clásico da literatura infantil.A sús primeira edición foi impresa no ano 1990, ano no cal gañou o Premio Nacional de Ilustración.

Destaca por como está narrada a súa historia xa que xoga coa rima e a entonación da lectura para crear un texto áxil,divertido e moi fácil de memorizar polos nenos xa que a lectura se var repetindo ó longo da narración.

O coelliño branco sale unha mañá da súa casa a buscar coles á horta para facer un caldo.Pereo ó volver a casa atópase que se encontra ocupada por unha cabra cabresa, que si non se vai, sáltalle encima da cabeza.
Así que o Coelliño Branco afástase da súa casa moi deprisa e camiña polo campo en busca de alguén que lle poida axudar a recuperar o seu fogar. Pero non o vai ter fácil, pois todos os animais teñen medo da cabra cabruxa, que si lle salta enriba, me esbabuxa.
Ó final da historia (que non vos imos desvelar) demostra que a valentía non depende do tamaño e que hai abusóns que pode que nos molesten aproveitándose da súa superioridade física, pero nós podemos vencelos con intelixencia.

Coelliño Branco está incluído na Colección Makakiños, unha colección que pretende facilitar a lectura a persoas con dificultades intelectuais, disfasia, ou autismo. Para elo, seleccionaron libros de fácil comprensión adaptandoós a lenguaxe de pictogramas para facilitarlles o acceso a esa lectura.
A nos gústanos moito xa que aprendemos o valor da amizade, da axuda e da valentía.
Comments