top of page
Buscar

Frida Kahlo (1907 - 1954)

  • Foto del escritor: xoaninha2021
    xoaninha2021
  • 7 mar 2022
  • 1 Min. de lectura

Esta semana comezamos a semana da muller chea de actividades que vos iremos amosando día a día, para homenaxear a todas elas. Este ano decantámonos por falar de mulleres que foron importantes na historia, nun mundo de homes.


Hoxe...Frida Kahlo. Imos falarvos un pouquichiño dela.



Frida Kahlo naceu en Coayacán, unha localidade das aforas da cidade de México. Os 6 anos contraxo a polio e unha perna quedoulle máis delgada que a outra. Animada por seu pai e para a súa rehabilitación, practicaba deportes pouco usuales para a época, como fútbol ou boxeo.

En 1925 sufriu un accidente de autobús que a deixou malferida. Fracturouse a columna, algunhas costelas, a clavícula e a pelvis. Mentres se recuperaba, comezou a pintar dende a cama, sobre todo autorretratos de sí mesma. Seu marido, o famoso artista Diego Rivera, foi un gran admirador da súa obra, e en 1938 Frida fixo a súa primeira exposición individual en Nueva York.

Sin embargo, non se fixo famosa internacionalmente hata despois da súa morte. Os seus cadros son recoñecibles por as súas cores brillantes e os símbolos da cultura mexicana, e xian entorno a sí mesma e a seu propio sufrimento.

Frida está considerada a pintora máis destacada da historia do arte mexicano e un dos grandes iconos do siglo XX. Grazas a súa forte personalidade, espíritu de loita e amor pola pintura, logrou superar a enfermidade e o accidente que marcaron a súa vida. Un exempro de tesón y valentía que hoxe en día segue inspirando a millóns de mulleres.


Nos decidimos pintar unha máscara que representa a Frida, deixamos unhas imaxes para que vexades o ben que o fixemos.



 
 
 

Comments


Publicar: Blog2_Post

684337879

Avenida alejandro ferrer Nº 71 Castrelo de Miño

  • Instagram

©2021 por Xoaniña Casa Niño. Iniciativa impulsada por la Xunta de Galicia y cofinanciada por el fondo europeo FEDER

bottom of page