Torre Rosa
- xoaninha2021
- 7 feb 2022
- 2 Min. de lectura

Torre Rosa é un dos materiais Montessori máis coñecidos. Forma parte da área sensorial e traballa o desenvolvemento visual, os tamaños, o peso, a concentración, a orde, vocabularia, movementos...
Icono da pedagoxía Montessori
Trátanse de cubos sólidos de madeira monocromática, que non están ocos nin son encaixables, senon que se empregan para apilar (entre outras cousas). Ningunha das súas características é cousa de azar, o seu tamaño, peso, cor, lonxitude... todas elas foron diseñadas por María Montessori en base as súas observacións da natureza, comportamento e aprendizaxe infantil.
¿Cómo é?
Está formada por 10 cubos de diferentes tamaños que van desde 1cm ata 10cm de arista, o que supón que cada cubo disminuye 1cm. As medidas da Torre Rosa son:
Cubo máis grande 10x10x10 cm
Cubo máis pequeno 1x1x1 cm
Altura total torre 60cm
¿É por que é precisamente rosa e non de outra cor?
Ao deseñar a Torre Rosa, María Montessori, que sempre se guiaba pola observación, agasallou aos nenos con varias torres de varias cores e sempre se dirixían cara a rosa... asique sendo fiel a unha das súas máis favoritas, Montessori decidiu "seguir ao neno" e realizar a versión final deste material na cor que eles mesmos preferiron manipular.
¿ Qué traballamos?
A Torre Rosa é un material sensorial que traballa, en primeiro lugar, o desenvolvemento visual, así como o sentido do tacto e a motricidade.
O obxectivo principal sería traballar cos máis pequenos os conceptos prematemáticas de peso-volume.
Tamén temos obxectivos secundarios como traballo de motricidade fina e grosa debido aos diferentes pesos e tamaños xa que uns cubos si os poden coller con unha sola man e outros precisan das dúas. Traballamos coordinación óculo-manual, traballamos vocabulario (grande-pequeno,pesado-lixeiro...),así como a paciencia, a concentración,a orde, o razoamento,o pensamento lóxigo e a relación causa-efecto ("se poño un cubo grande encima dun pequeno, caerá; entón teño que apilar os tamaños de máis grande a menor")
A continuación deixámosvos unhas imaxes de como "xogamos" nos coa Torre Rosa.
Comments