Xogamos con "neve"
- xoaninha2021
- 14 ene 2022
- 1 Min. de lectura
¡Chegou a neve a Xoaniña!
Hoxe cando miramos pola ventá , vimos toodo branco,non era neve, era xeada pero cando chegamos a Xoaniña a neve estabá alí esperando por nos.

Traballamos moitas cousas e o mellos é que como estábamos tan entretenidos no nos demos nin conta.
Tacto: a través das mans traballamos as diversas texturas da neve e dos materiais, igual que diferentes sensación térmicas, xa que a neve,a madeira e o metal teñen temperaturas distintas.
Asociación de cores a temperaturas, asociando a cor azul co frío.
Trasvases: mediante as culleres e os cubiños de metal. Puidemos facer os trasvases ben ca neve como cos pompóns.
Tamaños, xa que os cubiños son cada un de un tamaño.

Para os nenos/as, é unha boa forma de adentrarse na estación do inverno,e iniciarse ne coñecer as súas características coa que, mediante o xogo, os alumnos/as experimentan e coñecen novas texturas e formas, sempre coa cara de sorpresa que os/as caracteriza.
A través da experimentación o neno/a comeza a entender e coñecer o seu entorno, a descubrir as súas características e ademais supon o desenvolvemento dos sentidos. Nesta etapa a manipulación é fundamental para o proceso evolutivo de aprendizaxe do neno/a.
Así vivimos o noso paso pola neve, unha experiencia máis vivida no noso niño.
Comments