top of page
Buscar

Xogamos con plastilina

  • Foto del escritor: xoaninha2021
    xoaninha2021
  • 7 ene 2022
  • 3 Min. de lectura

A plastilina foi creada en 1880 polo farmacéutico alemán Franz Kolb, debido a que un amigo seu, escultor, se queixaba de que no verán a arxila era moi difícil de moldear xa que se secaba moi rápido.Así que Franz Kolb inventou un material máis maleable dando lugar ó que hoxe coñecemos como plastilina.


Cando os/as nenos/as emplean este material está facendo moito máis que estar entretidos, están desenrrolando as súas habilidades motrices (psicofina) xa que van adquirindo axilidade, forza e destreza nos seus dedos, algo que será moi importante cando comece a leer e escribir; aprenden as cores, son capaces de moldear formas, obxectos...



Estos son algúns dos beneficios de xogar con plastilina:

  • Estimula a creatividade. Os nenos/as son auténticos xenios da imaxinación, por ese motivo deixa que plasme e represente, libremente, as súas ideas con axuda da plastilina. Respetando os seus tempos e sin poñer límites á súa imaxinación.

  • Potencia a concentración. Axúdalle a porse metas a corto e largo prazo (diseñar unha figura), e concentrarse no seu traballo para rematalo.

  • Desenvolve a motricidade fina. Fomentar este tipo de psicomotricidade é importante para o desenvolvemento do neno/a tanto a nivel cognitivo, emocional e social. Moldear plastilina tamén fomenta o desenvolvemento da coordinación entre as mans e a vista, mellora a forza dos músculos da man, a destreza e a axilidade dos dedos.

  • Facilita a expresión emocional. O emprego de plastilina pode considerarse una ferramenta primaria de comunicación é expresió. Si o neno/a se sinte frustrado, enfadado, triste, contento... vano expresar mediante esas pequenas "obras de arte".

  • Aprenden a diferenciar cores e formas. Mediante a plastilina os nenos/as terán unha idea moito máis clara acerca do tamaño dos obxetos cotiáns. Tamén aprenderán o que ocorre cas cores cando se mezclan entre sí, e as diversas tonalidades que vai alcanzando a plastilina a medida que incorporamos novos tonos a esa mezcla.

  • Fomenta o desenvolvemento da personalidade. A plastilina permitelle expresar os seus gustos e reafirmar a súa identidade a través da elección das figuras e as cores, así como das composicións que fan.

  • Favorece a relaxación. Amasar platilina cas mans é un excelente exercicio para relaxar tensións e liberar o exceso de estrés, á vez que axuda a reducir a ansiedade infantil. De ahí que sexa recomendada para clamar a ansiadade, para nenos/as que sofren estrés, están inquietos ou incluso en casos de hiperactividade ou TDAH.

  • Estimula os sentidos. Ablandar e quentar cas mans un bloque de plastilina,amasala, facer paliños, bolas... a manipulación de plastilina permítelle o neno/a descubrir, a través do tacto, unha ampla variedade de figuras xeométricas e texturas. Tamén estimula outros sentidos como a vista (mediante as cores), o olfato , xa que en xeral o olor da plastilina e moi dulce e agradable polo que solemos recordalo toda a vida.

  • Mellora a autestima.Veráse capaz de crea todo aquelo que se propoña, así como de buscar solución ou alternativas a todos os problemas que poidan ocurrir. É moi importante que reforcemos a súa autoestima alabando a sua capacidade de esforzo e poñendo el valor o traballo realizado.

  • Favorece as relacións sociais.Debido a que ó mismo tempo que xoga, estará explicando a outros o que fai ou incluso aprendendo a expresar con palabras certas accións realizadas.

Para que o poceso de aprendizaxe dos nenos/as esté totalmente consolidado, é necesario que os adultos premiemos o esforzo e o tempo invertido.Deste xeito sabrán que realizaron unha actividade mediante a cal obtiveron uns beneficios.




 
 
 

Comentarios


Publicar: Blog2_Post

684337879

Avenida alejandro ferrer Nº 71 Castrelo de Miño

  • Instagram

©2021 por Xoaniña Casa Niño. Iniciativa impulsada por la Xunta de Galicia y cofinanciada por el fondo europeo FEDER

bottom of page