Xogo simbólico
- xoaninha2021
- 4 ene 2022
- 1 Min. de lectura
Co xogo simbólico os nenos/as poden desenvolver outros roles imitando situacións que obervan na vida cotiá. Para facelo empregan a imaxinación e crean representacións mentais.
Grazas a este tipo de xogo o neno/a poderá:
Desenvolver a súa capacidade de imaxinar.
Asimilar e comprender o entorno que o/a rodea.
Desenvolverse emocionalmente. Algo moi importante nas primeiras etapas.
Favorecer o desenvolvemento motor.
Facer representacións mentais tanto da vida real como imaxinária.
Desenvolver ó lenguaxe.

Ademáis de todo o citado anteriormente, é unha vía para:
Suxerir ó neno/a para que poida proxectar os seus medos, tensións e conflictos internos mediante él. Esto axúdalle a expresar sentimentos intensos.
Fai que os pequenos/as vaian máis alá do real e do concreto. A posibilidade de proxectarse noutros roles fai que se enriqueza o seu conocemento social. Pode imitar, actuar e experimentar co mundo adulto sin expoñerse a consecuencias.
Axúdalle a entender os roles que exercen as persoas do seu entorno , xa que necesita coñecelos para poder representalos á hora de xogar simbólicamente.
Ofrece ó neno/a un espazo no cal mediante o xogo pode favorecer o desenvolvemento emocional, cognitivo e as súas necesidades sociais.
Será unha canle de aprendizaxe. A medida que o neno/a crece empregará o xogo simbólico para aprender según as súas necesidades, fomentar a súa autonomía, a creatividade, a curiosidade e aprender a respetar as normas.

Comments